A túa viaxe comeza en Paradores
Atopa o teu Parador
Déixate coidar por Paradores
Hai canto que non dedicas tempo a aloumiñarte? Sentirse ben cun mesmo é indispensable para ser feliz e gozar da vida ó máximo. Convidámoste a deixarte coidar e aloumiñar nunha das experiencias benestar en Paradores. Reláxate nun spa ou confía nos nosos tratamentos da man dos nosos expertos en beleza e benestar.
Descubre con Paradores as pegadas da historia
En conventos, pazos ou parques naturais. En pleno centro histórico, a carón do mar ou no alto dunha montaña. Paradores ofréceche case un centenar de aloxamentos únicos para descubrir as pegadas da historia a través do rico patrimonio do noso territorio.
A vida son momentos, celébraos connosco
Lugares e contornas únicas con espazos coidados ó detalle nos que celebrar os teus eventos ou celebracións memorables en escenarios singulares: castelos, mosteiros, pazos, conventos ou edificios vangardistas. Buscas un lugar na costa, montaña ou cidade? E se ademais o complementamos cun programa de spa ou golf?
Sinte a natureza no seu estado puro
Din que quen ama a natureza, atopa beleza en todas partes.
Es deses afortunados? Coñece o noso novo programa de experiencias co que promovemos un ecoturismo sostible e responsable que xera beneficios sociais, ambientais e económicos nos territorios onde se sitúan os nosos Paradores. Coñece a actividade das vilas, a esencia dun xeito de vida que exemplifica modos e xeitos sostibles. Respira natureza e reconecta con ela preservando a vida rural.
A mellor cociña rexional en espazos únicos
Paradores ofrece a exclusiva experiencia de gozar da cociña rexional, local e da contorna en espazos singulares A nosa cociña está fortemente vencellado ós lugares onde se sitúan os 98 hoteis, presentando a mellor gastronomía das distintas rexións españolas. Pioneiros na cociña de proximidade, reforzamos a aposta por produtos locais en busca da mellor materia prima e reafirmando o noso compromiso coa sostibilidade.
Cada estancia é unha experiencia única
Unha boa viaxe é unha experiencia integral que une aloxamento, gastronomía e actividades na contorna. As Experiencias Paradores axúdante a gozar ó máximo do destino ofrecéndoche a posibilidade de combinar estancias únicas nos nosos aloxamentos con actividades culturais e de ocio. Selecciona a túa ruta entre as quince dispoñibles e comeza a percorrer España coñecendo o patrimonio e gozando da súa gastronomía. Asegurámoste que escoller só unha será o máis difícil.
Goza das Caixas Agasallo de Paradores
Tanto se buscas facer un agasallo orixinal e sorprendente coma se queres darche un capricho sen data definida, as Caixas Agasallo de Paradores son a mellor opción. Aloxarse nun Parador é abrir a porta a unha nova experiencia e xeito de viaxar, é durmir en habitacións onde séculos atrás soñaron reis, onde se aloxaron personaxes que marcaron a Historia, onde se inspiraron escritores, onde se compuxeron cancións... Onde a tradición se une á modernidade para che ofrecer momentos que non poderás esquecer.
Xoga coma nunca antes o fixeras
Imaxina gozar do teu deporte favorito ó borde do mar ou en plena natureza. Paradores como El Saler ou Málaga Golf contan con algúns dos mellores percorridos do mundo para practicar este deporte. Pero non son os únicos, descubre toda a oferta de golf de Paradores e xoga en contornas incomparables á vez que gozas dos mellores paquetes con aloxamento e a recoñecida gastronomía de Paradores.
Paradores para todos
Coñece a nosa selección de experiencias con desconto e ofertas para gozar cos teus.
Natureza para os Sentidos
Varios Paradores poñen á túa disposición unha selección de actividades na súa contorna que buscan tres obxectivos: concienciar da necesidade de coidar do medio ambiente, dinamizar zonas rurais e que a túa estancia no Parador sexa inda máis divertida e interesante. Queres descubrir un novo xeito de facer turismo máis sostible?